O persoal municipal demanda ao Concello de Santiago un acordo colectivo pola súa carreira profesional

As mobilizacións comezarán o vindeiro xoves e non descartan que se extendan a outros concellos galegos. María Rozas asegura que se está a estudar o borrador presentado polos sindicatos

Todos os sindicatos con representación no Concello de Santiago, a excepción da UGT e o Sindicato de Policias, compareceron en rolda de prensa para informar que o vindeiro xoves 25 de outubro comezarán unha serie de mobilizacións para reclamar un acordo colectivo que facilite o desenvolvemento da súa carreira profesional. Xavier Picón, da CIG, asegurou que “non houbo moito diálogo” coa responsable municipal encargada deste tema.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Un conflito enquistado no tempo

Os sindicatos lembran que este tema xa ten un gran percorrido. Os acordos colectivos realizáronse en 2010 aínda que que non houbo unha partida específica ata o 2015, nos últimos meses do mandato do PP. Apuntan a que houbo reunións e promesas mais sen ningún resultado polo que decidiron tomar esta decisión antes de que teñan lugar as eleccións municipais e sindicais de maio de 2019.

A resposta do Concello: “Estamos a estudar a proposta dos sindicatos”

Pola súa banda, a edil implicada nas conversas coas centrais sindicais, defendeu que desde Raxoi manteñen conversas con frecuencia e que están a estudar a proposta presentada por parte dos sindicatos.

Estas reclamacións poderian extenderse a outros grandes concellos galegos tal e como sinalan os sindicatos, posto que en ningún deles teñen solucionado este problema.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -