O Comité de Folga dos Puntos de Atención Continuada reuniuse hoxe para enviarlle unha clara mensaxe ao Sergas: seguen en folga e seguirán ata que se lles escoite. Como explica a voceira dos PSC’s na Coruña, Ana Boedo, o único que tratan é “reivindicar o cumprimento do acordo de 2008”.
Emilia Lamas, secretaria de CCOO-Sanidade, tamén quixo lembrar que o vindiero venres haberá unha asemblea de traballadores dos PACs de toda Galicia para “deseñar un novo plan de medidas”, xa que o último borrador do acordo foi rexeitado tanto polo sindicato como polo 62% do persoal.
Este sector da sanidade denuncia cousas como que os servizos mínimos sexan do 100%, que non se lles abonan os complementos de nocturnidade e festividade que si reciben o resto de traballadores do Sergas, ou que os equipos están incompletos. Aseguran que de non haber avances, continuarán coas mobilizacións do xeito que sexa preciso.