O persoal operador do servizo 061 non pensa deixar as mobilizacións. O último escracho realizouse esta mesma mañá en Compostela, ante o hotel Quinta da Auga, en Compostela, onde se atopaba o presidente da Xunta, e líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro Francisco Conde que acudían á presentación do proxecto Galician Skyway- Civil UAVS Initiative.

- Publicidade -

Diante de fortes medidas de seguridade pola presenza de traballadoras e traballadores deste servizo o presidente da Xunta non quixo parar o seu vehículo para interesarse polas demandas que están a poñer enriba da mesa. O presidente do comité de empresa do Grupo Norte que xestiona o 061, Alexis Rey, afirmou a Nós Televisión que non cederan porque “as súas promesas non se están cumplindo”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego