O persoal laboral da Xunta saíu hoxe á rúa nunha manifestación convocada pola CIG, UGT, CCOO e o CSIF, en contra da discriminación e da perda de dereitos que lles afecta dende hai anos. Falamos con Carlos Hermida, presidente do Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta.
Varios centos de persoas percorreron o tramo de San Lázaro a San Caetano, reclamándolle directamente ao Goberno de Feijóo que se lles devolvan os dereitos que perderon coa chegada dos recortes.