Home Programas Espazo Aberto O peche de Meirama, unha pequena vitoria do medio ambiente

O peche de Meirama, unha pequena vitoria do medio ambiente

0
O peche de Meirama, unha pequena vitoria do medio ambiente
Central térmica de Meirama

A plataforma “Galiza, un Futuro sen Carbón” celebra a decisión de pechar a central térmica de Meirama antes do 30 de xuño de 2020 que fixo pública Naturgy, a antigaa Fenosa.

Manoel Santos, coordinador de Green Peace Galicia, unha das 13 plataformas que conforman “Galiza, un futuro sen carbón”, explícanos que esta é unha vitoria para o medio ambiente, xa que “as térmicas de carbón son responsables do 34% dasemisións de CO2 en Galicia“.

Esta decisión está relacionada coa entrada en vigor o ano que vén dunha nova normativa ambiental que contralará a a emisión de derivador nitrosos e sulfurosos “que Meirama non poderá cumprir”. Aínda así, esta é unha “media vitoria” porque a central térmica das Pontes, a “gran fábrica de cambio climático” aínda está en funcionamento, e a plataforma pide o seu peche para o 2025.

A plataforma Galiza, un Futuro sen Carbón, está conformada por: ADEGA, Amigos da Terra, Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM), Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Ecoar Global, Ecoloxistas en Acción, Feitoría Verde, Ghichas Co-mando, Greenpeace, Nosa Enerxía, Petón do Lobo, Plataforma contra a Mina de Touro-O Pino, Verdegaia.