Home Programas Espazo Aberto O Parlamento pediralle a Xunta que recoñeza a billarda como deporte

O Parlamento pediralle a Xunta que recoñeza a billarda como deporte

0
O Parlamento pediralle a Xunta que recoñeza a billarda como deporte

O Parlamento aproba por unanimidade a proposta defendida polo deputado do BNG, Luís Bará, para o  “recoñecemento de modalidade deportiva do xogo tradicional a billarda”. O acordo inclúe desenvolver un plan de promoción deste xogo tradicional, con especial atención no ámbito escolar e espazos de competición dentro do Plan de Infraestruturas Deportivas de Galiza. O deputado nacionalista aceptou unha emenda do PP para que a Xunta abra un “proceso de diálogo coas entidades dos deportes tradicionais como os bolos celtas, a chave ou a loita” co fin de avaliar a posible creación dunha Federación de Deportes Autóctonos Galegos.