“O Parlamento Galego debería posicionarse: ou coa Mina de Touro ou co Patrimonio”

Luca Chao censurou no Parlamento Galego o silenzo cómplice da Xunta de Galicia ante a perigosa advertencia da UNESCO: a Mina de Touro é un risco para o noso Patrimonio

Fai tres meses, disfundíase nos medios un informe de ICOMOS alertando do risco que supón o megaproxecto mineiro de Touro-O Pino para a condición de Patrimonio Mundial que do Camiño de Santiago, en particular o tramo Francés. Ante a non resposta da Xunta, En Marea quixo facer unha chamada de atención e levar a cuestión ao Parlamento, da man da deputada Luca Chao.

O Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), órgano asesor da UNESCO en materia de protección e conservación do Patrimonio Mundial un informe técnico que pon de manifesto os graves prexuízos que a reapertura da mina de cobre a ceo aberto conlevaría para o Camiño Francés, ata o punto de que éste podería ser excluido da Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO. Pero a Xunta fixo, por agora, caso omiso desta perigosa advertencia do ICOMOS. Algo que a deputada Luca Chao censurou no Parlamento Galego: a explotación da mina de Touro-O Pino constitúe unha “afectación patrimonial, visual e acústica e compromete todos os valores ecolóxicos de Galicia para favorecer intereses dunha minoría”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“Non son posibles as medias tintas”

Desde En Marea sinalan que a Xunta “practica unha pose de defensa do Camiño que non é real”. En lugares como Touro, por engadir un exemplo, a Xunta “autoriza, promove ou fai a vista gorda en actuacións que atentan contra os valores do Camiño en lugar de defendelos”, indican desde a formación rupturista.

Neste caso, xa existe un informe negativo de Icomos, a organización sen ánimo de lucro que acredita se se manteñen os valores establecidos para determinar un monumento como Patrimonio da Humanidade, no que se recolle que a mina poría en serio perigo a continuidade do camiño con esta consideración

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -