O Parlamento Europeo acolleu este xoves 24 de maio unha conferencia sobre os ataques que se están producindo contra a liberdade de expresión e de prensa en Europa, nomeadamente no Estado español. A iniciativa foi impulsada polo BNG e o grupo Verdes-ALE (do que forma parte), e estivo coordinada pola eurodiputada nacionalista Ana Miranda.
Na conferencia participaron a directora de Público Ana Pardo de Vera, o escritor Suso de Toro, o comité da CRTVG, o xornalista Aníbal Malvar, a actriz Isabel Risco, o corresponsal de Libération Jean Quatremer, a autora do informe da Eurocámara sobre “Pluralismo e Medios de comunicación” Barbara Spinelli, o músico Pablo Hásel, os xornalistas Beatriz Talegón e BoroLH ademais de membros de La Insurgencia e o grupo de apoio ao rapeiro Valtonyc.
A conferencia estivo respaldada, ademais de por Ana Miranda, polo eurodeputado húngaro Benédek Jávor, a eurodiputada verde holandesa Judit Sargentini, os cataláns Josep-Maria Terricabras e Jordi Solé estará articulada en cinco bloques temáticos: “A Palabra”, “A Rede”, “A Música”, “O Texto” e “A Imaxe” desenvolveuse baixo o título “Shut Up!, Tais-Toi! Cállate! Cala! Calla! Pofa Be!”.