Home Programas Espazo Aberto O Parlamento de Galicia e a Asemblea Lexislativa de Salvador de Baía exploran vías de colaboración no eido da lusofonía

O Parlamento de Galicia e a Asemblea Lexislativa de Salvador de Baía exploran vías de colaboración no eido da lusofonía

0
O Parlamento de Galicia e a Asemblea Lexislativa de Salvador de Baía exploran vías de colaboración no eido da lusofonía
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mércores á secretaria da Asemblea Lexislativa de Salvador de Baía, Mª del Carmen Lula, acompañada pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, que lle propuxeron diferentes vías de colaboración, nomeadamente no ámbito da lusofonía.

Santalices Vieira dixo amosarse receptivo á proposta da Asemblea Lexislativa de Salvador de Baía. Tamén recordou que o Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade, en 2014, a Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos cos lusofonía, xurdida por iniciativa popular.