Home Programas Área Compostela O Obradoiro de Emprego Ecotur II remata outro tramo da senda do río Sar

O Obradoiro de Emprego Ecotur II remata outro tramo da senda do río Sar

0
O Obradoiro de Emprego Ecotur II remata outro tramo da senda do río Sar

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañados polo director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia, José Alfonso Marnotes e membros da corporación visitaron a senda do río Sar, dende o Novo Milenio ata a carballeira do Parque Eugenio Granell como peche do Obradoiro de Emprego Ecotur II que se desenvolveu do 1 de setembro ao 28 de febreiro.

No obradoiro realizáronse rozas e podas selectivas, tamén saneamento e drenaxe e restauráronse varias presas, canles e pontes. Marta Lois salientou o traballo realizado polos alumnos e alumnas que permitiu deixar operativa esta parte da senda do río Sar.

Este obradoiro é a continuidade dos traballos levados a cabo o ano pasado por 32 persoas menores de 30 anos no acondicionamento das sendas peonís de Galeras a Ponte Albar. Nesta fase foron 15 alumnos e alumnas as seleccionadas para traballar. A visita rematou no Centro Sociocultural da Pontepedriña onde se entregaron os diplomas de remate do obradoiro.