![O novo prego do servizo de centros socioculturais evitará novas sentenzas por cesión ilegal de traballadores O novo prego do servizo de centros socioculturais evitará novas sentenzas por cesión ilegal de traballadores](https://nostelevision.gal/wp-content/uploads/2017/04/maxresdefault-14-768x432.jpg)
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, informou sobre o inicio da licitación do Servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de centros cívicos do Concello de Santiago. Coa finalidade de evitar novas sentenzas por cesión ilegal de traballadores, ordenarase a rede de centros socioculturais e marcaranse as diferenzas entre os traballadores do Concello e os empregados da empresa concesionaria.
Martiño Noriega explicou que detectaron diversas irregularidades que retrasaron as medidas. Así mesmo, sinalou que as sentenzas por cesión ilegal de traballadores sinalaban que o pago das retribucións salariais e de contas e recargos sociais aos empregados tiña que facerse de xeito solidario entre o Concello e a empresa adxudicataria.
No relativo a esta condena solidaria do concello e a empresa adxudicataria, o alcalde afirmou que se tomará a medida de darlle orde á Intervención Municipal para que inicie os trámites para reclamarlle o pago á empresa. Martiño Noriega tamén indicou que se debe actuar co rigor que faltou ata agora á hora de elaborar os pregos do servizo, xa que se asumir a sete traballadores supón un custo de máis de 600.000 euros, “é fácil imaxinar o que suporía para as arcas municipais ter que asumir aos 51 traballadores da empresa”.