Practicamente non hai semana, desde a súa estrea en Compostela o 15 de marzo, sen que o noso documental “A ameaza do Cobre” viaxara polo noso país.
“A ameaza do cobre” faise grande e cruza o charco para ser proxectado en Bos Aires
A loita veciñal contra o megaproxecto mineiro e que achega as diferentes posicións de expertos é o fio argumental do documentario dirixido por Xosé Bocixa e que continúa sementando alto interese por parte de veciños e veciñas. Ao tempo que se confirman novas ubicacións con proxeccións públicas e debates sobre o polémico proxecto mineiro, confírmase agora que será tamén exporso en Bos Aires (Arxentina).
A Biblioteca Galega de Bos Aires acollerá a proxección documental organizada pola Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina e que terá lugar o vindeiro 26 de maio e contará coa presenza da activista Guadalupe Rodríguez