Home Programas Área Compostela O Nadal en Compostela, superado con éxito

O Nadal en Compostela, superado con éxito

0
O Nadal en Compostela, superado con éxito

“A viaxe das Marabillas” ese foi o lema da Cabalgata de Reis de Compostela deste novo ano 2019, que misturou o mundo de Alicia no país das Marabillas co dos Reis Magos e presentou unha gran variedade de personaxes. Calcúlase que en total reuniu nas rúas máis de 30.000 persoas, o que a convertiría na actividade central das festas de nadal.

Valoración positiva da Cabalgata

Ao nadal en Compostela non lle faltou de nada, pero sobre todo non lle faltou xente. Na festa do Apego reuníronse preto de 1.200 nenos e nenas, pouco máis que no rueiro do Apalpador. Pero estes datos non se igualan aos do Mercado de Nadal, que tivo 30.000 visitantes en total, ou aos da pista de xeo, que por agora vendeu 9.000 entradas, pero aínda quedará aberta dúas semanas.