Home Programas Espazo Aberto O nacionalismo protagoniza o novo programa de Retrincos con Elvira Souto

O nacionalismo protagoniza o novo programa de Retrincos con Elvira Souto

0
O nacionalismo protagoniza o novo programa de Retrincos con Elvira Souto

Iso é do que máis gosto“, adianta no primeiro minuto do programa Retrincos Elvira Souto, “ser activista social“. Coa voz calma e o seu característico colgante de Galiza coa estrela vermella, Souto vai debullando a diferenza entre a militancia no tardofranquismo e a de hoxe. Os fluxos de información ou que ata haxa “algunhas persoas reivindicativas que exerzan represión sobre colectivos próximos” constitúense como algúns dos puntos que sinala. A organización do nacionalismo galego, as accións populares reivindicativas, a folga xeral do 72 en Vigo, como se vai conformando o movemento obreiro galego, o asasinato de Moncho Reboiras ou o significado que adquiría o falar en galego ou a represión nos cárceres forman parte dos aspectos centrais aos que Souto fai mención. O programa emitirase este martes ás 21.30 horas en Nós Televisión.