A reivindicación da lingua e cultura galega cada día están máis presentes no Youtube. Olaxonmario, Blanca e Tinta, Aquel-le, Nubes baixo Ti ou O Jato Kosmiko conforman algúns dos exemplos que día a día contribúen a dignificar e normalizar a identidade galega cos seus vídeos. Co motivo do 25 de xullo, recolectamos varios destes vídeos:
“E iso é un pouco o que pensaba Pondal o que el mesmo era e por iso penso que algo consumía”, sostén no seu vídeo O Jato Kosmiko.
A lusofonía e as normas ortográficas coas que podemos escribir a nosa lingua tamén marcou varios vídeos de Olaxonmario.
Non podemos deixar pasar a ocasión para volver a traer o análise das viñetas de Castelao que nos dá a absoluta certeza de que estamos ante o autor dos memes.
A gastronomía non pode faltar en ningunha lista que se precie.
Simplemente imprescindíbel.