Home Programas Área Compostela O Museo do Pobo rende homenaxe ás mulleres que “loitan por unha vida digna”

O Museo do Pobo rende homenaxe ás mulleres que “loitan por unha vida digna”

0
O Museo do Pobo rende homenaxe ás mulleres que “loitan por unha vida digna”

A historia está repleta de heroínas anónimas que plantaron cara ao sistema pulando polo dereito básico a ter unha “vida digna”. A exposición Tecedoras do cambio, inaugurada este martes no Museo do Pobo Galego, visibiliza as proezas de 23 mulleres de 14 países que foron “imprescindíbeis” para o desenvolvemento e porvir das súas comunidades.

A mostra tenta dar voz a 23 mulleres que loitaron polo seu porvir

Esta actividade forma parte da terceira edición da campaña Compostela + Solidaria, que ofrece até o 15 de xuño unha vintena de accións para “vencellar as loitas locais coas globais”. Trátase de mulleres coma Vanada, Doña Luci ou Haydée Castillo, quen centraron tódolos seus esforzos en combater a orde establecida.

Entrada de balde

Esta mostra permanecerá aberta para o público xeral até o vindeiro 24 de xuño, e poderá visitarse de martes a sábado en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 horas, e os domingos e festivos de 11.00 a 14.00. A entrada é de balde para calquera visitante.