
En marzo deste ano falecía Carlos García Martínez, fundador e director do Museo do Pobo Galego. Dirixía a Institución desde 1999 e era académico desde a ano 1972.
Un persoeiro que adicou boa parte da súa vida ao Museo do Pobo Galego e unha persona comprometida co país, sendo, entre outros, Patrón fundador da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro, académico correspondente da Academia Galega e presidente do Consello Galego de Museos.
Unha vida adicada ao País
Agora, coincidindo co 41º aniversario da inauguración do museo, a O Museo do Pobo Galego quere lembrar e renderlle homenaxe ao home que, ao longo de corenta e dous anos, foi o seu principal valedor. No outono de 1976, xunto con Justo Beramendi e Rafael Baltar, concibiu a idea de crear o Museo do Pobo Galego, auspiciada dende o Colexio de Arquitectos de Galicia.
Unha sentida homenaxe
A homenaxe terá lugar o sábado 27 de outubro ás 12.00h da mañá no Auditorio do Museo do Pobo Galego e estará conducida por María Xosé Fernández. No acto participarán persoas vinculadas profesional e afectivamente a Carlos García Martínez: Francisco Calo Lourido, Teresa Soeiro, Xosé Ramón Fandiño, Encarna Otero, Carlos A. García Pose en representación da familia e Justo Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. O acto contará cunha actuación musical a cargo de Miro Casabella e ao remate ofrecerase un viño de honor.