Home Espazo Aberto Cultura O Museo de Pontevedra abre as súas portas cunha importante redución do aforo

O Museo de Pontevedra abre as súas portas cunha importante redución do aforo

0
O Museo de Pontevedra abre as súas portas cunha importante redución do aforo

O Museo de Pontevedra volta abrir as súas portas coa capacidade das súas instalacións reducida, a menos do 30%. A cabida de cada un dos espazos estará indicada no ingreso ás salas de exposicións en función dos seus metros cadrados.

A maiores, todos os edificios contarán con sinalización informativa e de distanciamento e instaláronse anteparos separadores naqueles lugares nos que existe contacto entre o público e o persoal traballador, principalmente nas salas de acceso e de investigación. Tamén haberá itinerarios preferentes mediante frechas e paneis informativos varios.

Deste xeito, e dende este martes, 2 de xuño, o emblema cultural da cidade, protagonista de curtametraxes organizadas pola Deputación, ou acolledera de exposicións mesmo do antigo Exipto, volverá tamén pouco a pouco á ‘nova normalidade’.

A actividade reiniciarase coa prolongación das mostras vixentes antes do peche, a exposición antolóxica ‘Leopoldo Nóvoa 1919-2019’ e ‘Debuxantas. Pioneiras da ilustración’, pero sen roteiros guiados nin outros eventos grupais. Podes consultar máis información aquí.