A solidariedade sobreponse á represión. O próximo 16 de febreiro unha manifestación nacional percorrerá as rúas de Compostela para denunciar o macroproceso xudicial que dirixe a Audiencia Nacional contra 12 militantes de Causa Galiza e Ceivar. A Fiscalía da AN pide máis de 100 anos de prisión para as encausadas xunto a disolución de ambas organizacións independentistas. Por isto, as procesadas nesta causa a raíz das Operacións Jaro I e II comezaron unha serie de xuntanzas con colectivos políticos e sociais.

Entidades como o BNG, Mocidade pola Independencia, Adega, Verdegaia, Esculca, Briga ou Erguer amosaron o seu apoio ás procesadas e acordaron unha serie de accións en defensa dos dereitos humanos con respecto a este caso. Entre os acordos, segundo trascendeu, figura o de contactar coa Relatora da ONU para denunciar este tipo de procesos xudiciais represivos co movemento social e político. Outro dos acordos é o de saír as rúas o domingo 16 de febreiro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -