Home Programas Espazo Aberto O movemento LGTBI galego presenta na Fiscalía un escrito contra o artigo tránsfobo de La Voz de Galicia

O movemento LGTBI galego presenta na Fiscalía un escrito contra o artigo tránsfobo de La Voz de Galicia

0
O movemento LGTBI galego presenta na Fiscalía un escrito contra o artigo tránsfobo de La Voz de Galicia

Arelas, Amizando, Avante, Ultreia, Nós Mesmas, ALAS Coruña e o Colectivo Agrocuir da Ulloa presentan na Fiscalías de menores, provincial e Xeral de Galicia, un escrito contra o artigo de opinión tránsfobo firmado por José Francisco Sánchez, director de comunicación da Corporación La Voz de Galicia.

Desde Arelas, asociación de familias de menores trans aseguran que non van permitir que queden na impunidade o que consideran “episodios de discriminación en base á identidade sexual cara ás persoas trans”, e sobre todo das crianzas trans: “E que pasa se un neno le o artigo e le palabras como ‘amputación’ ou ‘aberrante’?”, pregúntase Miguel Vieito, de Arelas.

Arelas: “Que pasa se un neno le o artigo e le palabras como ‘amputación’ ou ‘aberrante’?”

Vieito afirma que teñen confianza en que se abra unha investigación, segundo o recollido no artigo 510 do Código Penal, polo que presentaron un escrito de 8-9 páxinas. Na mesma liña se pronunciaron desde as demais entidades. Engade tamén que o artigo transcende o xornalístico e pode chegar a crear unha liña de opinión discriminatoria cara o colectivo: “O autor é un profesor universitario, director dun grupo de comunicación… Estes contidos teñen moito máis percorrido.” Insisten tamén que José Francisco Sánchez é director de comunicación da Corporación La Voz de Galicia, polo que non é un simple artigo de opinión senón que semella “unha liña editorial”.

Na mesma liña se pronunciaron outras entidades. Desde Amizando engaden que o escrito, consensuado entre todas as entidades, é  unha proba da boa organización das asociacións LGTBI galegas. Ademais, afirman claramente: “Non imos ceder nin un paso na defensa dos nosos dereitos”.