A antropóloga, feminista e investigadora Marcela Lagarde está en Compostela para participar nas actividades da campaña ‘En negro contra as violencias’. Recoñecida a nivel mundial como unha das principais representantes teóricas do feminismo latinoamericano, cunha extensa obra sobre o tema con títulos como “Claves feministas para el poderío y la autonomía de las mujeres” e “Los cautiverios de las mujeres: madresposas, monjas, putas, presas y locas” .
Nós Televisión conversou con ela sobre a situación actual de loita en defensa dos dereitos das mulleres
A catedrática da Universidade Nacional Autónoma de México, doutora en atropoloxía e etnóloga é un referente político e social en latinoamérica, pero o seu alcance mundial ven da man coa aparición da palabra “feminicidio”, termo que acuñou para referirse á situación de Ciudad Juárez, en México, e desencadeou na creación dunha Comisión Especial de Feminicidio no Congreso, un gran paso para igualdade no país, e o Delito de Feminicidio. Tamén colabora con centros e institutos da Muller en España, a nivel internacional e coa ONU.
Non está todo gañado
Hoxe, no Pazo de Raxoi, tivo lugar unha recepción á que asistiron as concelleiras Marta Lois, María corral e Goretti Sanmartí así como tamén o edil Gonzalo Muíños. A propia Largarde asinou no Libro de Honra do Concello de Santiago, facendo referencia á campaña ‘En negro contra as violencias’ como un feito democrático importante.