Home Programas Espazo Aberto O movemento feminista convoca concentracións contra o feminicidio de Vilalba

O movemento feminista convoca concentracións contra o feminicidio de Vilalba

0
O movemento feminista convoca concentracións contra o feminicidio de Vilalba

O movemento feminista activa o protocolo nacional que, ante un feminicidio en Galicia, chama a convocar concentracións un día despois de que aparecese recollido en prensa escrita. Deste xeito, as mobilizacións terán lugar este martes día 23 nas principais vilas e cidades do país.

Este último feminicidio ocorreu en Vilalba onde a Garda Civil investiga se un home de 50 anos matou á súa parella, de 47, e despois suiciduouse. O home tiña unha orde de afastamento en vigor sobre a vítima por violencia machista.