Unha concentración antifascista recibiu na Coruña ao líder do partido ultradereitista Vox, Santiago Abascal, que participou nun mitin no Palexco. “Fóra os fascistas das nosas rúas” ou “Coruña será a tumba do fascismo” foron algúns dos lemas que se escoitaron. Abascal renunciara a facer campaña en Galicia, unha decisión que mudou logo de que a Xunta Eelectoral non lle permita acudir aos debates por non cumprir os criterios de representabilidade.
Inicio Espazo Aberto
O movemento antifascista recibe na Coruña a Santiago Abascal
O líder do partido ultradereitista Vox participaba nun mitin no Palexco