A Coordenadora antifascista Pontevedra-Vigo convoca unha mobilización este xoves no Auditorio Marco de Vigo ás 19 horas baixo o lema “Ningún paso atrás, contra a ultradereita e a represión do estado español. Non pasarán”. A convocatoria xorde como resposta a un acto organizado pola organización liderada por Santiago Abascal.
A finais de abril, o movemento antifascista da Coruña tamén saíra ás rúas ante un acto que organizara Vox na cidade herculina.