A Acción Antifascista da Coruña convocou unha concentración de solidariedade con Catalunya para este venres ás 21 horas no Obelisco. A mobilización chama a loitar “contra a represión e polo dereito a decidir” ante a situación que atravesan as independentistas catalás.
Hai dúas semanas, o Tribunal Supremo resolvía en contra das dirixentes políticas do referendo catalán celebrado o 1 de outubro de 2017 condenándoas a un total de máis de 100 anos de prisión. A sentenza causou rexeitamento na esquerda nacionalista galega e no movemento social. Tras os últimos disturbios sucedidos nas rúas de Barcelona, e o enfrontamento entre fascistas e antifascistas, a Acción Antifascista decidiu convocar unha mobilización para este venres.