Home Programas Espazo Aberto O Ministerio de Xustiza publica o nome dos galegos que morreron en Mauthausen

O Ministerio de Xustiza publica o nome dos galegos que morreron en Mauthausen

0
O Ministerio de Xustiza publica o nome dos galegos que morreron en Mauthausen

O Ministerio de Xustiza publica por primeira vez os datos dos españois que faleceron nos campos de concentración da Segunda Guerra Mundial. No Boletín Oficial do Estado aparece o nome dos 4.427 españois que perderon a vida no campo de concentración austríaco Mauthausen dos que máis dun cento deles eran galegos: 46 eran da provincia da Coruña, 21 da de Pontevedra, outros 21 da de Ourense e outros 21 da de Lugo. Todos eles, homes. En Galicia, colectivos como a Asociación para a Recuperación de Memoria Histórica, que leva Carmen García Rodeja, e proxecto interuniversitario Nomes e Voces levan anos recopilando as vidas destas vítimas esquecidas.