Teatro, festivais, música e as accións polo Día Internacional da Muller protagonizan a Compostelánea do mes de marzo. A concelleira de Facenda, María Rozas, deu a coñecer no día de hoxe o oitavo número da revista mensual. A concellería de Igualdade, xunto con outros departamentos, organiza un amplo abano de actividades. Así o explicou hoxe a edil:
Presentou o novo número de “Compostelánea” esta mañá en Raxoi a concelleira @maria_rzs https://t.co/jGg13owgU8 Teatro, festivais e música! pic.twitter.com/HcwxeyfAtl
— Nós Televisión (@NosTelevision) 28 febreiro 2017
Na axenda destaca tamén a quinta edición do Festival Atlántica, que terá lugar do 15 ao 19 de marzo. A Mostra Internacional da Ilustración Contemporánea ou a Festa das uñas de San Lázaro. Compostelánea está editada polo Concello de Santiago e conta coa coordinación da concellería de Acción cultural e Turismo de Santiago.