O tradicional Mercado de Nadal repite ubicación en vista do éxito obtido en edicións anteriores. A rúa Carreira do Conde acollerá os postos de artesanía e o espazo creativo con obradoiros e múltiples actividades para as nenas e nenos da cidade.
O vindeiro sábado 2 de decembro permanecerá aberto dende o vindeiro sábado 2 de decembro até o sábado 6 de xaneiro, nun horario de 11.00 a 14.30 horas e de 16.30 a 21.30 horas no serán. Os días 24 e 31 de decembro abrirá só pola mañá, mentres que o 25, o 1 e o 6 de xaneiro, farao pola tarde.
Artesanía, deseño e actividades para todos os públicos na Carreira do Conde
Este ano participarán 87 comerciantes, 22 máis que o pasado ano. Cada artesán poderá expor os seus produtos durante un máximo de seis días, polo que se garante a variedade en cada unha das quendas. Así e todo, o Mercado contará cunha ludoteca aberta permanentemente e unha ampla oferta de entretemento para a poboación máis nova.
Pista de xeo
Asemade, a pista de xeo funcionará do 2 de decembro ao 28 de xaneiro, instalada novamente na Alameda. Estará aberta en horario de mañá para os centros escolares e a partires das 16.30 horas para o público xeral, e os venres, sábados e vésperas de festivo engadirá un horario nocturno até as 2.00 horas.