Home Programas Espazo Aberto O mariñeiro do ‘Divina del Mar’, máis un operario morto no traballo en Galicia

O mariñeiro do ‘Divina del Mar’, máis un operario morto no traballo en Galicia

0
O mariñeiro do ‘Divina del Mar’, máis un operario morto no traballo en Galicia

Un mariñeiro faleceu esta madrugada tras embarrancar o cerqueiro ‘Divina del Mar’ á altura do Castro de Baroña, en Porto do Son. Os outros tres tripulantes conseguiron chegar a terra polos seus propios medios e outros cinco foron rescatados por embarcacións da zona. O armador do barco é o patrón maior da Cofradía de Pescadores de Portosín.

Nos últimos dez anos, arredor de 90 mariñeiros perderon a vida no mar en Galicia. A perigosidade deste oficio súmase á precariedade dando como resultado unha alta vulnerabilidade das traballadoras do mar. Así e todo, a alarma sobre a morte das operarias no traballo vai máis aló do mar. Nos primeiros seis meses deste ano, 23 traballadoras e traballadores perderon a vida nun accidente de traballo en Galicia. Isto é un aumento do 15 por cento con respecto ao 2018 que pechou o ano con 50 operarios e operarias mortas en sinistros laborais. Esta cifra, á súa vez, supuxera un aumento do 16 por cento con respecto aos datos do 2017, segundo o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.