A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou o Mapa Emocional de San Pedro, unha iniciativa que quere reivindicar a memoria do barrio e que foi posible grazas ao traballo da Escola Unitaria. Na rolda estivo acompañada dos responsables do proxecto Gonzalo Suárez e Coro González.
As persoas responsables do proxecto reiteraron que se trata dun intercambio comunitario de sentimentos e saberes sobre o pasado, presente e futuro do barrio grazas á participación colectiva e interxeracional.
Ata o 1 de xullo, coincidindo coa celebración das festas do barrio, levaranse a cabo actividades de dinamización focalizadas a promocionar o Mapa entre a veciñanza e visitantes. Tamén se realizará un obradoiro comunitario de alfabetización dixital para comprender a utilidade e uso do mapa.
A finais de semana, na rede!
O proxecto, que se quere impulsar noutros barrios da cidade, poderase consultar a finais de semana en www.sanpedroemocional.com e xa foi presentado á veciñanza do barrio o pasado sábado, nun acto que rematou cun roteiro guiado pola memoria.