O Mago Teto recrea “Intimo” en Neda

Sábado 27 de maio ás 20.30 na Casa da Cultura o Mago Teto presenta o seu espectáculo de maxia “Intimo” A viaxe da miña vida. “Íntimo” é unha viaxe, seguramente iniciática, na procura da esencia da maxia. Nel conta a historia de como alguén moi especial puxo no corazón do mago Teto, cando era un cativo, a semente da maxia, e a partires dese momento medrou nel un soño. O soño de ser mago. Para conseguir cumprir ese soño, o mago Teto tivo que estudar, prepararse, ensaiar e esforzarse moito, pero tamén tivo que viaxar. Viaxar polos lugares onde a historia da maxia foi deixando partes da súa esencia: Viena, París, Londres, Nova Delhi ou Tokio. En cada lugar onde o mago vai, descobre algo da esencia da maxia, pero non todo. Deberá seguir buscando para facerse co máis esencial da maxia de todos os tempos.

- Publicidade -

O espectáculo está recomendado para cativos e cativas a partir de 7 anos. A entrada adultos ten un custe de 2 € e a infantil de 1.


Tradición coa banda de gaitas

A casa de Cultura tamén acolle o venres 26 de maio ás 21 horas a actuación da Banda de Gaitas “Airiños de Fene” co espectáculo “Máis que gaitas!. A entrada ten un custe de 2 € para adultos e de 1 € para nenas e nenos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego