A edición número 14 do simposio “O libro e a lectura” que organiza a Asociación Galega de Editoras reivindicará en Compostela a importancia da ilustración.
Co nome de “Libro ilustrado: outra forma de ler?” traerá á capital galega a importantes figuras da creación e a teoría literaria os días 8 e 9 de novembro. A presentación desta edición realizouse no Pazo de Raxoi e nela participaron o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o presidente da Asociación Galega de Editoras, Xosé Ballesteros. O edil lembrou a relación de Compostela coa literatura.
Santiago é unha cidade literaria
Tíñamos unha débeda co mundo da ilustración
Polo seu lado o presidente da Asociación Galega de Editoras explicou o obxectivo destas xornadas e a razón de que este ano a imaxe sexa aprotagonista.
O simposio terá lugar na Sede Afundación de Santiago e contará con conferencias de Joan Fontcuberta, teórico da comunicación; Ana Garralón, crítica literaria, ou Teresa Durán, escritora e ilustradora. Tamén participarán representantes da ilustración, das librarías e da edición, formando parte de tres mesas redondas.