Home Programas Espazo Aberto O libro en galego ábrese a novas temáticas aínda que a situación segue a ser negativa

O libro en galego ábrese a novas temáticas aínda que a situación segue a ser negativa

0
O libro en galego ábrese a novas temáticas aínda que a situación segue a ser negativa

A situación do libro non é privilexiada na actualidade. En Galicia, o camiño comeza a diferenciarse xa que as obras na nosa lingua están “abríndose camiño en temas que ata o de agora nunca se trataran en galego como son a transexualidade, o feminismo e as migracións”, sostén Patricia Porto, da Lila de Lilith. Porén, pese a este cambio positivo, considera que a situación para o libro en galego segue a ser mala debido ao baixo número de traducións que se fan á nosa lingua ou a aínda pequena cantidade de lectoras que optan polo galego.

Pablo Couceiro, da libraría Couceiro, opina que para mellorar a situación do libro en xeral hai que “saír á rúa e chamar á xente que non ten demasiado interese na lectura”. Para Couceiro, este día debería ser “unha festa, como o é en Cataluña”. Por outra parte, Couceiro e algúns lectores aos que entrevistamos opinan que outro método para que medre a paixón pola lectura é inculcar este hábito dende a infancia xa que iso vai facer que sempre se retorne á lectura nas diferentes etapas da vida.