A concelleira de Deporte de Santiago, Noa Morales, presentou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi a IV Edición do Torneo Viravolta de Ximnasia Rítmica que terá lugar o sábado 1 de abril no Polideportivo de Santa Isabel. Na presentación participou tamén a presidenta do Clube, Wendy Rey.
Mañá terá lugar o IV Torneo Viravolta de Xinmasia Rítmica @dxtSan @Noamsanchez https://t.co/LC38ttTX3V 500 ximastas se reunirán mañá pic.twitter.com/CMfPaaP49e
— Nós Televisión (@NosTelevision) 31 marzo 2017
No torneo participarán sete xuizas internacionais e ademais das 500 ximnastas inscritas agárdase que visiten Santiago ao redor de mil persoas por este evento deportivo.