O informe urbanístico da Planta de Residuos de Casalonga estará exposto en Setembro

Desde a Plataforma avisan que están preparados para responder as accións posteriores que realice a empresa e lembran que na provincia favoreceuse este tipo de instalacións

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos informou que nunha reunión co concello de Teo confirmaron que en setembro iniciarase o período de exposición pública do proxecto da planta de residuos da Casalonga.

Segundo indican desde a Plataforma “se o informe de compatibilidade urbanística do concello é negativo a Xunta dí que se pechará o procedemento deste proxecto en concreto pero aquí, por moito que pese a toda a cidadanía afectada, non vai a acabar o noso pesadelo”. Por este motivo pensan que a empresa abrirá outras vías de acción como “levar a xuízo ao concello para intentar invalidar o informe de compatibilidade urbanística” ou “presentar outro proxecto dunha planta similar (un vertedoiro, unha empresa de tecnosolos,…) na que logo irá engadindo modificacións “non substanciais” ao proxecto”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Accións da Plataforma

“Asesorarémonos con especialistas en diferentes sectores e coordinarémonos con outras plataformas”, indican nun comunicado, “o día 5 de setembro a plataforma terá acceso á vista do expediente do proxecto e foi solicitado o personamento no expediente da dirección xeral de minas”. Desde a Plataforma sinalan que “só unha mobilización cidadá contundente conseguirá gañar a partida”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -