Baixo o lema “O independentismo en marcha” Causa Galiza fai un chamamento ao independentismo galego para acudir nun bloco propio á manifestación do próximo 25 de xullo, que sairá ás 12:30 da Alameda de Santiago de Compostela. Pero non é o único movemento que está a organizar Causa Galiza, senón que xa teñen programado alzar dez mil bandeiras en todo o territorio galego e facer unha romaría popular no parque Xixón de Santiago.
Joám Peres é o representante de Causa Galiza e explícanos cal é a situación á que se está a enfrontar o independentismo galego na actualidade. Salienta a represión por parte do Estado e as etiquetas que lles pon a sociedade. En relación a isto denuncia que La Voz de Galicia mencionou a Causa Galiza en relación coa Operación Lusista. “Sáltanse a presunción de inocencia, fan un xuízo mediático e son o medio de expresión da Garda Civil”, di Joám Peres.