O Alcalde de Santiago asegurou hoxe na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que o Concello recibiu unha chamada do Instituto de Diversificación y Ahorro para que se volva a presentar a documentación en castelán.
A actitude deste organismo dependente do Ministerio de Industria de negar a solicitude de axudas para o aforro enerxético causou indignación en numerosos sectores e activáronse varias accións como a da Mesa pola Normalización Lingüística, que levará o caso ao Consello de Europa.