Home Programas Área Compostela O heavy metal de Helloween ateigará en decembro o Fontes do Sar

O heavy metal de Helloween ateigará en decembro o Fontes do Sar

0
O heavy metal de Helloween ateigará en decembro o Fontes do Sar

Hoxe saíron á venda as entradas para o concerto que Helloween ofrecerá en Compostela o vindeiro 8 de decembro. Trátase da única visita que o grupo alemán de heavy metal fará ao Estado español, dentro da súa xira Pumpkins United.

Será un concerto de tres horas no que o grupo lembrará os seus grandes éxitos, cun espectáculo en directo que non deixará indiferente a ninguén.

Tres horas dun espectáculo que non deixará indiferente a ninguén

Este espectáculo continúa a liña de converter de novo o Multiusos Fontes do Sar nun espazo para grandes eventos, así como a estratexia da desestacionalización do turismo. Cómpre lembrar que a comezos de mes se anunciaba o concerto, no mesmo pavillón, de Tribalistas.

Problemas para retirar as entradas no Apóstolo

Por outra banda, cuestionado acerca das aglomeracións formadas nas billeteiras do Teatro Principal para obter os pases para os concertos de Rosalía e Rubén Blades durante o Apóstolo, Noriega matizou que “todo o gratuíto ten un custo” porque non hai unha “fórmula perfecta”. De cara ao futuro, o alcalde admitiu que se estudan diferentes métodos para que isto non volva acontecer.