Logo da visita da Ministra de Fomento, Ana Pastor, ás obras na rotonda de Conxo, o voceiro socialista no Concello de Santiago, Paco Reyes, insinuou que se está a facer algo totalmente distinto ao solicitado polas veciñas e veciños.
Pouco despois o Alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ofreceu unha resposta indicando que “Paco Reyes está continuamente anticipándose e queda un pouco ridículo“