A escena musical de Compostela ten moito futuro. O grupo “Ivy Moon”, unha das formacións que actuou nas pasadas Festas do Apóstolo como parte das actividades do piloto de orzamentos participativos de mocidade do 2015, foi escollido en Barcelona para representar ao Estado no Imagine Festival de Croacia. A concelleira de Mocidade, Noa Morales, amosou a súa satisfacción pola boa nova en rolda de prensa.
Tres dos integrantes de Ivy Moon, Inés, Elba e Pablo, presentes tamén na rolda de prensa, explicaron como chegaron á final.
11 de decembro en Croacia
O grupo preparou unha canción especial para o Imagine Festival que levará o nome de Distopia e pensan aproveitar este momento como unha experiencia na súa carreira musical.
O Imagine Festival é un concurso de música para xóvenes artistas de entre 13 e 21 anos que acolle todos os estilos musicais e se realiza anualmente en varios continentes. A final deste ano será en Croacia o vindeiro 11 de decembro