“O gran descubrimento da miña novela foi deixar á xente falar sen filtros”

Conversamos con Arantza Portabales, que vén de publicar con Galaxia ‘Deixe a súa mensaxe despois do sinal’, o retrato de catro mulleres con “historias cotiás” narradas “sen ningún tipo de filtro”

Quen escribe un libro céntrase en contar unha historia, en falar. Mais, non é igual de importante escoitar? Ese foi precisamente o “gran descubrimento” da novelista Arantza Portabales coa súa última obra, Deixe a súa mensaxe despois do sinal.

O importante son voces de catro mulleres, que fican no interior dun contestador

“Hai que deixar á xente falar, sen ningún tipo de filtro”, expón a escritora, que reflicte esta idea no libro que publicou en outubro de 2017 a editorial Galaxia. O importante aquí é o propio relato das catro protagonistas, cuxas voces fican no interior dun contestador de móbil. “Na era da comunicación, a comunicación cómese á propia comunicación”, salienta Portabales, a respecto da frialdade” das novas tecnoloxías.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As mulleres da novela contan historias cotiás, nas que “todos e todas nos vemos reflectidas”. Trátase dun relato escrito “con moito sentimento” por unha autora nada en Euskadi que escribe “con moito orgullo” na lingua que herdou dos seus pais.

Arantza Portabales nunca esquecerá esta novela, que supuxo para ela toda unha aprendizaxe: “As experiencias das protagonistas fixéronme crecer como escritora e persoa porque as súas vivencias eran tamén as miñas”, asegura.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -