O Goberno municipal facilitará a construción dun aparcadoiro a carón do CHUS

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou en rolda de prensa o cambio na ordenanza de usos dunha parcela municipal situada nos arredores do Hospital Clínico Universitario de Santiago para facilitar a construción dun novo aparcadoiro. O edil explicou o proxecto, que se presentará a Pleno, e a necesidade de que se leve a cabo.

Jorge Duarte tamén anunciou a licitación da reforma da Avenida Vilagarcía unha vez aprobado o novo proxecto por Patrimonio.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade tamén explicou na rolda de prensa que o Espazo Matadoiro contará cun servizo de limpeza alternativo que terá en conta empresas de carácter social seguindo a liña de funcionamento de todo o proxecto.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -