O goberno local fala de actitude “irresponsable” do PP e PSOE fronte o Plan Especial

Os votos en contra do PP e a abstención do PSOE tumban a proposta de Compostela Aberta de promover a tramitación oficial da revisión do Plan Especial do casco vello

As dinámicas de voto están mudando nos plenos municipais de Santiago. Onte cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE bloqueouse a tramitación oficial da revisión do Plan Especial do casco histórico da cidade. Os populares denuncian que non se contou con eles e desde o grupo municipal socialista sinalan que o trámite non era necesario que pasara polo pleno.

- Publicidade -

Malas sensacións segundo o goberno de Compostela Aberta

Esta “conexión” entre PP e PSOE en Compostela preocupa ao goberno municipal. María Rozas falou deste tema na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno. “Parécenos unha irresponsabilidade”, argumento a tenente alcalde, “foi un proceso participativo no que estivo tamén a oposición”. A propia Rozas indicou que a sensación que tivo no Pleno e que “os intereses poden ser outros” no cambio de actitude dalgúns partidos da oposición.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego