A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas presentou hoxe o borrador dos Orzamentos para o ano 2019 que ascende a 115,2 millóns de euros, o que supón un incremendo do 1,4% con respecto ao presentado no pasado ano.
María Rozas destacou o “esforzo” realizado por parte do goberno local na xestión eficiente dos recursos públicos e resaltou a redución da débeda en case a metade durante o mandato de Compostela Aberta así como tamén o incremento significativo en política social. Ademais, Rozas sinalou que o borrador presentado supón manter unha liña de continuidade con respecto as liñas estratéxicas establecidas dende os orzamentos do ano 2016.
Bloqueo da oposición?
“Que emitan o seu voto con responsabilidade, para a cidade é importante aprobalos”. A propia María Rozas quixo responder tamén na mañá de hoxe ante o posible bloqueo por parte dos grupos da oposición e, nomeadamente, do bloque progresista na cidade. Por agora, tanto o PSdeG como o BNG local xa amosaron a súa inicial negativa para aprobar a proposta do goberno de Compostela Aberta e así foi a mensaxe que a propia María Rozas quixo trasladar esta mesma mañá: