Home Programas Área Compostela O Goberno de Santiago presenta o borrador de orzamentos para o 2017

O Goberno de Santiago presenta o borrador de orzamentos para o 2017

0
O Goberno de Santiago presenta o borrador de orzamentos para o 2017

O agardado borrador dos orzamentos para o ano 2017 foi presentado hoxe en rolda de prensa pola concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, no Pazo de Raxoi. Segundo a edil trátase dunha proposta “coral” na que se inclúen propostas de todos os partidos da oposición e que conta cun importe superior ao do 2016.

A oposición xa contra coa proposta

A proposta xa foi remitida aos grupos da oposición e toca catro áreas que o goberno local de Compostela Aberta considera importantes: as políticas sociais e o mantemento e reequilibrio territorial, a Compostela verde e a Compostela cultural. María Rozas explicou que se mantén a liña establecida no orzamento do 2016 das achegas a nivel social e incorpóranse novas para reducir a fenda existente entre a Compostela urbana e a rural.

María Rozas explicou que este borrador incorpora o orzamento de Cultura máis elevado dos últimos cinco anos e aumenta nun 10,5% a inversión para acadar unha Compostela verde. Nos vindeiros días continuarán as conversas do Goberno Municipal cos grupos da oposición de cara a aprobar os orzamentos a principios de ano.