O goberno central cede ante a presión e dotará a Santiago dun novo xulgado do Social

O Goberno Central rectifica e anuncia que a cidade si contará cun novo xulgado do social en contra do que se tiña anunciado a semana pasada

Hai rectificación! Días despois de que o Ministerio de Xustiza negara a creación da cuarta sala do Social en Santiago, o delegado do Goberno en Galicia confirmou hoxe que finalmente sí se atenderá a demanda. O delegado do Gobierno en Galicia,anunciou esta mañá en Compostela que a cidade si contará cun novo xulgado do Social. Javier Losada anunciou que o goberno central contemplará, finalmente, este novo xulgado tras escoitar as xustas e unánimes demandas da Xustiza galega

Deste xeito, o delegado del Gobierno en Galicia avanzou esta mañá en Compostela que “haberá un xulgado do social” xa que a proposta definitiva do Ministerio de Xustiza incluirá esta demanda. O sorpresivo anuncio chega despois dunha semana de queixas unánimes trala primeira decisión da Dirección Xeral de Xustiza de desestimar a creación deste novo xulgado. Numerosas voces, nos últimos días, definían como “incomprensible” a decisión do goberno central.

Ao mesmo tempo que Javier Losada anunciaba a rectificación por parte do Goberno central, o alcalde de Santiago mantiña unha reunión co decano do Colexio de Avogados e co decano do Colexio de Procuradores; ambas entidades especialmente críticas coa decisión de excluír á cidade dun novo xulgado do social. Na xuntanza, sen ter aínda coñecemento do anuncio de Javier Losada, quixeron facer fincapé na necesaria creación deste xulgado para subsanar a elevada carga de traballo na Xustiza galega e pretendían amosar unha “fronte común que existe na cidade para reclamar que o Ministerio de Xustiza recapacitase e dera luz verde á creación do xulgado do Social”.

O alcalde de Santiago expresou hoxe a súa satisfacción “do conxunto da Corporación municipal, tras coñecerse que finalmente o Goberno do Estado dotará a Santiago dun novo xulgado do Social, en contra do que se tiña anunciado a semana pasada”. Martiño Noriega mostrouse convencido de que “o cambio de criterio do Ministerio de Xustiza ten que ver coa resposta unánime da cidade diante dunha decisión que resultaba inexplicable”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego