Home Programas Área Compostela O I Foro TexAtlántica reunirá a máis de 200 profesionais da moda

O I Foro TexAtlántica reunirá a máis de 200 profesionais da moda

0

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou hoxe o I Forum do sector textil do eixo atlántico “Texatlántica”. Este, celebrarase do día 9 ao 11 de mazo na Cidade da Cultura. O foro, reunirá a máis de 200 profesionais do sector textil de Galiza e Portugal, tanto empresas consolidadas como do estudantado de escolas de moda e firmas en crecemento.

Trátase, en definitiva, de que este foro sexa un punto de encontro. Na rolda de prensa participou tamén Fermi Pereira, que fixo fincapé na idea de comprender de onde vimos e a onde vamos. En definitiva, reparar no punto no que se atopa na actualidade o sector.

Marta Lois fixo fincapé en que este foro “nace coa idea de crear un clúster do Eixo Atlántico, tendo en conta que Galicia conta cunha industria téxtil moi potente e referente a nivel estatal e internacional”. En palabras súas, non só polas marcas propias xa inseridas no panorama europeo e mundial, senón tamén pola canteira de mozas e mozos que veñen detrás.

Máis información e programa