A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, informou esta mañá en rolda de prensa sobre o Foro de Innovación para o Emprego 2017, cuxa finalidade principal será a de contribuír á dinamización do mercado de emprego a través da realización de accións de vinculación laboral directa.
A concelleira @MLoisgonzalez presentou esta mañá o Foro de Innovación para o Emprego https://t.co/H5nzCHavRu pic.twitter.com/aI4w34L7Vr
— Nós Televisión (@NosTelevision) 04 abril 2017
A concelleira sinalou o amplo programa de actividades do FIE, que estarán agrupadas en oito bloques. Entres estas actividades, destacan os máis de 40 obradoiros e as diversas sesións de información e orientación.
Son aproximadamente cen os postos de traballo que poderá xestionar o FIE, que se celebrará os vindeiros días 11 e 12 de maio no Pazo de Congresos.