O Flamenco chega este xoves ao Mercado de Salgueiriños

Nesta actividade haberá animación e gastronomía ademais de música

O programa Efecto Proximidade terá a súa última acción este ano este vindeiro 22 de decembro no mercadiño dos xoves de Salgueiriños. Anunciouno na mañá de onte a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada de Mauro Sanín, produtor de aCentral Folque, e do músico Cuchus Pimentel.

- Publicidade -

O proxecto Efecto Proximidade comezou o ano pasado polo interese do Concello por dinamizar unha das feiras máis coñecidas na cidade. A actividade busca achegar ao público do mercado propostas de cultura e lecer para animar a outros públicos a visitar a feira.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego