Xa está completo o programa do Fisterra Blues Experience, que regresa do 28 ao 30 de xuño nunha terceira edición na que haberá artistas internacionais como Rockin’ Johnny Burgin (EEUU) ou Morgane Ji (Illa Reunión); destacados membros da escena estatal como Los Deltonos, Tonky Blues Band ou Quique Gómez & Curro Serrano; e grandes do blues galego como Marcos Coll Band (residente en Berlín), The Soul Jacket, Andhrea & The Black Cats, Willy & Winnie, Zeltia e Víctor Aneiros.
Programa
O programa desta edición foi presentada este xoves contando coa presenza de Javier Turnes, director artístico do festival; Kuka Sar, tenente de alcalde de Fisterra; José Marcote, alcalde de Fisterra; e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña. Tamén participaron o poeta Suso Bahamonde e Lucía Oca, unha das rapazas que están a participar no Blues na Escola, unha das actividades relacionadas que xa está en marcha.
Unha das estrelas desta edición será Marcos Coll, o galego agora residente en Berlín, líder de bandas como Los Reyes del KO ou The Mighty Calacas. E a Fisterra virá cunha banda internacional moi especial: Emiliano Juárez (México) á guitarra, Daryl Taylor (EEUU, baixo e voz) e Aine Fujioka (Xapón, batería).
Unha das estrelas desta edición será o galego residente en Berlín, Marcos Coll
O festival volverá ter un taller de baile con Compostela Swing, Blues na Escola, concertos en barco, jam sessions e máis actividades, como o pasarrúas dunha banda que xoga na casa, os Rapacollóns.
Slam poética
Antes de cada concerto, a modo de previa, haberá unhas intervencións poéticas de autores da Costa da Morte. A idea é conectar a poética galega co blues. Participarán por parellas. David Creus – Estevo Creus; Suso Bahamonde – Álex López; Rosalía Fernández Rial – Elena Busto; e Leo Kch – María Lado.